Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os produtos galegos resisten fronte aos de marcas brancas

Os produtos galegos resisten fronte aos de marcas brancas

O prezo tira moito á hora de encher a cesta da compra pero os produtores galegos non se renden

Fronte á marca branca, eles confían en seguir conquistando aos consumidores cunha receita de éxito: a calidade 

G24.gal 27/05/2024 14:50 Última actualización 27/05/2024 15:02

Fronte ás marcas brancas, cada vez máis presentes nos supermercados e a prezos máis baixos, unha gran parte dos consumidores non renuncia ás primeiras marcas. O principal motivo é a calidade. 

Marcas autóctonas como Abril nos aceites, Kalekói, Xanceda ou Feiraco nos lácteos e o selo de Terneira Galega nos cárnicos resisten a vaga de produtos de marcas brancas. 

A innovación constante e a capacidade de manter unha imaxe de marca positiva e de calidade son as claves para sustentar a fidelidade dos clientes. 

As marcas convencionais logran manter o seu oco no mercado pero sen baixar a garda nun contexto económico cambiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade