Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os radares do Fiouco, na A-8, están entre os que máis multan de Galicia e de España

Os radares do Fiouco, na A-8, están entre os que máis multan de Galicia e de España

Son dous radares de tramo colocados en ambos os dous sentidos

Sancionan cada ano preto de 20.000 condutores

G24.gal 10/10/2023 14:46

Os radares de tramo están sinalizados e delimitados e non agradan a moitos condutores.

"Iso é aínda máis difícil, controlar para saber se estás cumprindo ou non".

Cómpre non despistarse para cumprir coa velocidade establecida.

"Os radares de tramo engánchante, despístaste un pouquiño e pumba".

Os do Fiouco, colocados en ambos os dous sentidos, son dos que máis multan de España.

"A algún compañeiro multárono. O camión vai á súa velocidade, pero despois nas baixadas sóltase". 

A súa localización e funcionamento xera ás veces dúbidas. Neste os límites son a 100.

"É un pouco curioso onde se colocan os radares de tramo. Hai un tramo a 100 pero o radar non colle todo a 100, para antes e a xente non sabe onde acaba e onde empeza".  

De aquí saen cada ano preto de 20.000 sancións, pese a ser unha autovía de pouco tráfico.

"Non somos tan tranquilos e gústanos pisar o pé, por iso multan, se non non multaban".

Pese ás sancións, teñen o seu lado positivo.

"Polo menos están sinalizados e se andas con ollo non pasa nada, os enfastiados son os móbiles".

"É seguridade, sobre todo aquí que hai tanta néboa no inverno".

Seguindo a ruta pola A-8, pero xa en Asturias, a autovía do Cantábrico conta con outro dos radares que máis multa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade