Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os refugallos reciclados enchen Redondela

Os refugallos reciclados enchen Redondela

Un cento de obras, individuais e colectivas, dan vida ao certame de Artelixo deste ano.

Materiais de refugallo reciclados e a imaxinación dos seus creadores dan vida a estas obras cunha temática centrada no cambio climático.

Unha exposición de Cabanes Fontao no Multiúsos da Xunqueira completa esta mostra 

G24.gal 30/04/2023 21:35 Última actualización 30/04/2023 22:30

Materiais de refugallo adornan estes días o centro da vila de Redondela, con obras, preto dun cento, individuais e colectivas, de persoas que utilizan a reciclaxe para facer arte. 

O certame, dedicado este ano ao cambio climático, ten un carácter artístico pero á vez reivindicativo. Naceu nos anos noventa. O motivo foi unha vertedura que afectou a marisma procedente dun vertedoiro de lixo ilegal municipal a carón da costa, o que desatou a ira de moitos colectivos.

Agora este certame, xa está consolidado nesta vila. Tanto, que artistas como a galega Cabanes Fontao expoñen estes días a súa obra nunha das salas do Multiúsos da Xunqueira, que fai referencia á contaminación plástica pero que agora da vida ás súas creacións. Moitas destes obras de rúa, acabarán no lixo.

Outras coma esta, en referencia ao choco de Redondela, quedarán. Aseguran que o tempo esgótase, que é hora de repensar a nosa forma de conectarnos con estes materiais para aprender a actuar doutro xeito. Artelixo remata unha edición moi visual, coma a desta obra que dá vida ao seu cartel deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar