Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os refuxiados que chegaron a Monterroso celebran a boa acollida no municipio

Os refuxiados que chegaron a Monterroso celebran a boa acollida no municipio

Este venres está previsto que cheguen a Monterroso 20 adultos máis procedentes de Madrid

G24.gal 30/08/2024 14:04

Galicia segue acollendo refuxiados que foxen das guerras ao sur do Sáhara, a maioría de Malí. Este venres está previsto que cheguen a Monterroso 20 adultos máis procedentes de Madrid. Sumaranse ao grupo de cen varóns que viaxou onte desde Mérida.

Chegaron cansos pero cargados de esperanza e con ledicia. Agradecidos pola boa acollida que lles dá un municipio que, despois da primeira noite, comezan a coñecer.

Están amparados con protección internacional por proceder de países en guerra. A súa estadía está coordinada por unha ONG. Temporalmente hospedaranse nun hotel á entrada da vila. 

Aquí poderán aprender castelán e asistir a obradoiros que lles faciliten a súa integración. Teñen tamén asesoramento nos trámites que precisan para a solicitude de asilo e a obtención dun permiso de traballo.

Para todos Monterroso é unha parada máis nunha longa travesía de futuro fuxindo dos horrores da guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade