Os refuxiados ucraínos en España necesitan vivendas de alugueiro
Os refuxiados ucraínos en España necesitan vivendas de alugueiro
Arredor de 2.500 persoas chegaron a Galicia fuxindo da guerra en Ucraína
As organizacións non gobernamentais din que solidariedade está diminuíndo
A gran solidariedade que inicialmente demostrou a poboación española cos refuxiados ucraínos, está indo a menos.
As organizacións non gobernamentais que os atenden din que un dos principais problemas agora é a consecución de vivendas en alugueiro, especialmente nas grandes cidades.
A diminución da solidariedade é habitual en casos coma o de Ucraína
Os especialistas na acollida de refuxiados xa advertiron que, tras o entusiasmo dos primeiros momentos, viña unha segunda fase en que moitos conseguen traballo e tratan de buscar unha vivenda en alugueiro para saír dos hoteis, centros de acollida ou vivendas particulares.
Os elevados prezos dos alugueiros, xunto coas dúbidas de moitos propietarios, fan moi difícil que os refuxiados consigan unha vivenda estable.
Os voluntarios piden máis vivendas de alugueiro para os refuxiados
As organizacións non gobernamentais fan un chamamento á xente en xeral e as autoridades en particular para conseguir as vivendas necesarias. O voceiro da oenegué ACCEM di que o problema é máis grave nas grandes cidades e nas zonas turísticas.
Desde que comezou a guerra máis de seis millóns de persoas fuxiron de Ucraína, das que España acolleu máis de 133.000, na súa maior parte mulleres con nenos pequenos. Arredor de 2.500 desas persoas chegaron a Galicia.