Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os refuxios de animais están saturados e piden controis máis eficaces contra o abandono

Os refuxios de animais están saturados e piden controis máis eficaces contra o abandono

O de Bando, en Santiago, está ao límite con 280 cans e 200 gatos

Unha agrupación de voluntarios da canceira recolleu máis de 11.000 sinaturas para demandar medidas contra a masificación

G24.gal 18/04/2024 16:27 Última actualización 18/04/2024 18:02

Ao refuxio de Bando chegan os animais abandonados en Santiago e noutros nove concellos da comarca. Nestes momentos hai 280 cans e preto de 200 gatos, demasiados para o espazo e o persoal do que se dispón, recoñece a súa directora, Olaia García, Directora da Fundación Refuxio de Animais de Bando.

Estamos ata arriba; xa levamos varios anos cun montón de entradas de animais. Aínda que segue habendo adopcións, que temos unhas cincocentas ao longo do ano, chegan moitísimos animais 

Unha campaña iniciada en xaneiro por un grupo de voluntarios que colabora coa canceira leva recollidas máis de once mil sinaturas para pedir que se poña remedio a esta masificación. Tanto os promotores da campaña como os responsables do refuxio coinciden en que cómpre seguir acomentendo melloras no recinto, pero recalcan que iso non resolve o problema.

A solución non é ampliar; hai que atallar o problema de raíz, que non entren tantos animais 

Para evitalo, demandan que se controle o cumprimento das leis e se acabe coa impunidade do abandono, sancionando por exemplo a quen non teña o seu animal con microchip, como esixe a normativa desde hai 20 anos. Consideran que as axudas para adopción anunciadas estes días serían máis efectivas se se destinasen a programas de esterilización, á colocación de microchips ou a fomentar o acollemento temporal dos cans, igual ca se fai cos gatos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade