Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os reis apoian a celebración do Ano Santo no 2022

Os reis apoian a celebración do Ano Santo no 2022

Galicia preséntase como destino seguro e busca recuperar o turismo internacional

Feijóo agasalla cuns sanandresiños os reis e fai un chamamento ao turismo global

G24.gal 19/01/2022 21:34

Comezou en Madrid a edición número 42 da Feira Internacional de Turismo, que ten este ano como país convidado a República Dominicana. Os reis estiveron esta mañá na inauguración e visitaron o expositor de Galicia guiados polo presidente da Xunta.

Filipe VI e dona Letizia coñeceron os sanandresiños, os amuletos de miga de pan que se fan en Santo André de Teixido, que levaron como recordo da feira. Os reis apoiaron a celebración do Ano Santo neste 2022 na inauguración de Fitur, unha feira en que Galicia se presenta como destino seguro e en que busca recuperar o turismo internacional. 

Os reis e o presidente da República Dominicana comezaron a visita á feira no expositor de Galicia, onde Alberto Núñez Feijóo lles explicou o significado dos sanandresiños con que foron agasallados. O pavillón galego ocupa máis de mil metros cadrados e ten máis colorido ca nunca.

O presidente da Xunta aproveitou a presentación da nosa oferta turística para facer unha invitación formal a viaxar a Galicia. Galicia, dixo Feijóo, non quere facer do Camiño un parque temático e seguirá apostando polo turismo de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade