Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os reis asisten este luns en Valencia ao funeral polas vítimas da DINA

Os reis asisten este luns en Valencia ao funeral polas vítimas da DINA

A misa, organizada polo Arcebispado de Valencia en memoria das 222 persoas falecidas comezará ás 19 horas

Esta será a terceira ocasión na que os reis acudirán a Valencia tras a traxedia

G24.gal 08/12/2024 20:23 Última actualización 09/12/2024 20:44

A catedral de Valencia acolle este luns pola tarde unha misa funeral polas vítimas mortais nas inundacións causadas pola DINA do 29 de outubro, á que asistirán os reis de España e na que se habilitará un espazo na zona central para os familiares directos dos falecidos.

A misa, organizada polo Arcebispado de Valencia en memoria das 222 persoas falecidas nas riadas de fai cinco semanas, comezará ás 19 horas na catedral e será oficiada polo arcebispo, Enrique Benavent.

Esta será a terceira ocasión en que os reis acudirán a Valencia tras a DINA, despois das visitas que realizaron os pasados 3 e 19 de novembro a varias das localidades gravemente afectadas polas inundacións.

Tras as críticas por parte de familiares de persoas falecidas nas riadas en que aseguraban que non foran convidadas a esta misa, a Arquidiocese de Valencia habilitou un servizo de autobús para que poidan acudir os afectados que non dispoñen de vehículo nin de transporte público para trasladarse á capital.

Os autobuses partirán dos municipios de Alaquàs, Aldaia, Torrent, Picanya, Paiporta, Albal, Catarroja, Alfafar, Benetússer, Sedaví, Massanassa, Beniparrell e Llocnou de la Corona, e habilitouse un teléfono para que os familiares poidan solicitar a súa acreditación, que poden pedir tamén nas súas parroquias.

O Goberno de España estará representado tamén na cerimonia, á que ademais da delegada do Goberno na Comunidade Valenciana, Pilar Bernabé, asistirán outros membros do Executivo central, que se concretarán o luns.

Tamén está confirmada a asistencia de dirixentes políticos, como é o caso do presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, ou da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade