Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira do automóbil de Valencia bate marcas de visitas e vendas

A feira do automóbil de Valencia bate marcas de visitas e vendas

A dina deixou preto de 120.000 vehículos danados e a necesidade de repoñelos fai que incremente a demanda

G24.gal 06/12/2024 14:21

Nunca antes a feira de coches de Valencia xerara tanta expectación. A dina deixou preto de 120.000 vehículos danados, a maioría en sinistro total. A necesidade de repoñelos notase no salón do automóbil que se celebra ao longo desta ponte en Feira Valencia, con descontos e ofertas especiais para os afectados.

O salón abriu con 4.000 coches novos e de ocasión e está batendo marcas en visitas e vendas. Moitos dos que perderon o coche na Dina pretenden encontralo aquí. As longuísimas ringleiras que se ven ás portas do recinto, repítense dentro, dos que agardan que os atendan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade