Os Reis Magos percorren diferentes cidades de España
Os Reis Magos percorren diferentes cidades de España
As máis das cabalgatas adaptáronse á situación sanitaria que marca a COVID19
A cabalgata da localidade alacantina de Alcoy leva desfilando 136 anos e é a máis antiga de España
A Barcelona chegaron en barco
En Barcelona as súas maxestades os Reis Magos chegaron en barco e con máscara ao porto da cidade pèro, esta vez e por mor da situación sanitaraia, ninguén foi recibilos. Agás a alcaldesa para darlle a chave que abre as casas de todos os pequenos. Despois desprazáronse na mesma carroza e, para evitar aglomeracións, non lanzaron caramelos.
30 carrozas acompañáronos en Sevilla
Si os repartiron fixeron en Sevilla, caramelos e sorrisos a partes iguais, nunha animada sucesión de máis de 30 carrozas, 600 beduinos e unha chea de bandas decornetas e tambores. Fascinación para os máis cativos, sorpresa entre os adultos: Monchi, o mesmísimo director deportivo do Sevilla, convertido no rei Baltasar.
Alcoy, a cabalgata máis antiga de España
Non faltou este 5 de xaneiro, a que se considera a cabalgatas máis antigas de España. Percorre as rúas da localidade alacantina desde hai 136 anos. É tradición aquí que os Reis depositen os agasallos mentres desfilan. Os encargados de entregalos son os paxes que soben polas fachadas das casas.
Entre paraugas por Madrid
Ómicron deixou tamén sen caramelos os nenos da cabalgata de Madrid. A chuvia invadiu as rúas, restrinxidas a 7000 entradas, de paraugas á par de ilusión. O fio condutor, a astronomía, unha homenaxe ao coñecemento representado desta volta nos sabios Melchor, Gaspar e Baltasar.