Os Reis Magos xa están en Galicia
Os Reis Magos xa están en Galicia
Din que veñen cargados de agasallos porque os nenos galegos se portaron moi ben
Os Reis Magos xa están en Galicia e xa comezaron a súa andaina. Tras unha longa viaxe, chegaban ao concello de Concello en coches clásicos. Alí agardábanos decenas de nenos con moitos nervios, pero sobre todo con moita ilusión por estar ao seu carón e poder falar con eles.
As súas maxestades de Oriente continuaron o seu percorrido e fixeron unha nova parada no Hospital Materno Infantil da Coruña. Alí saudaron unha trintena de pequenos que estes días están ingresados. José é un deles. Ten tres anos e hoxe cumpriu un soño. Os Reis déronlle directamente os seus agasallos.
Un día de moita trasfega para os Magos de Oriente que participaron tamén, en Vigo, nunha cabalgata estática formada por un total de once carrozas que reproducen historias literarias infantís. Alí tampouco faltou o entusiasmo e a ilusión.
Ás súas maxestades quédalles unha noite moi longa así que para deixarlles facer ben o seu traballo, hoxe hai que ir cedo para a cama e deixarlles algo de comida e bebida para que poidan repoñer forzas.