Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os salóns de peiteado empezan a cobrar xa na reserva para evitar que os clientes cancelen sen avisar

Os salóns de peiteado empezan a cobrar xa na reserva para evitar que os clientes cancelen sen avisar

O aumento da xente que non se presenta a unha cita obrigou algúns negocios a optar por unha aplicación móbil coa que se fan as reservas e se garante o cobro

G24.gal 11/09/2024 15:59

Cada vez son máis os negocios que cobran pola reserva da cita, para evitar que a xente non vaia e non avise.

Primeiro foron os bares e restaurantes e agora súmanse a esta medida os centros de estética e salóns de peiteado.

Din que é un mal común que afecta a moitos salóns de peiteado.

"Ultimamente estamos tendo moitísimas... e ademais sen avisar"

Falamos das cancelacións. Moitos xa se plantaron e cobran polo traballo, fágase ou non.

"Probamos a falarlle á xente que fallaba para dicirlle que tiña que pagar o servizo perdido no caso de que fallase, pero ao final é máis complicado levar o control para ver quen fallou", di o peiteador Javier Fernández.

Neste caso optaron por unha aplicación móbil coa que se fan as reservas e se garante o cobro.

"No momento en que a aplicación pide a tarxeta e sorprende un pouco... pero é algo normal".

Outros cobran só aos clientes novos cando piden traballos longos.

Loli Costa, peiteadora: "A primeira vez que se colle e se dá un presuposto para un traballo que leve máis de dúas horas, pedimos un adianto e garantimos a reserva".

Din que xa nón é só a perda de cartos, senón tamén a falta de respecto. Algo no que tamén coinciden os clientes.

"Non podo coller a outro... pois avisa" "É unha boa medida".

A proba é que neste salón de peiteado, dende que comezou a funcionar a aplicación aínda non levan rexistrada nin unha soa cancelación

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade