Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sectores da carne a pesca lamentan que a rebaixa do IVE non afecte os seus produtos

Os sectores da carne a pesca lamentan que a rebaixa do IVE non afecte os seus produtos

Insisten en que son alimentos de primeira necesidade

Organizacións de consumidores advirten de que estarán atentos para que as rebaixas de impostos non sexan absorbidas pola distribución

G24.gal 28/12/2022 15:16

A rebaixa do IVE dos produtos básicos suporá de media duns tres euros e medio de aforro na cesta da compra para unha familia de catro membros. O que non terá rebaixa será a carne nin o peixe, o que mantén moi molestos estes sectores. Hoxe pídenlle ao Goberno que rectifique.

Mercar carne de vacún ou porcino custa hoxe un 13 por cento máis que hai ano. No caso da de ave os prezos incrementaron por riba do 16 por cento. Unha suba que está a afectar o consumo por iso dende o sector gandeiro non entenden porque non se incluíu a carne na baixada do IVE. 

"Entendemos que o consumidor ten problemas para comprar carne. A nós os custos de produción duplicáronsenos. Era unha solución que podía incentivar algo o consumo e desbotárona. E por motivos espurios", di Xosé Ramón Gónzalez, responsable de gandería extensiva de Unións Agrarias, quen acusa a sectores do ecoloxismo que se están levando por diante o sector primairo.

Decepción tamén entre o sector do peixe. O consumo caeu no último ano arredor dun 16 por cento.

Insisten en que son produtos de primeira necesidade fundamentais nunha cesta da compra saudable. "Tal como se mantén, temémonos que a tendencia siga sendo de caída do consumo e iso ímolo pagar en saúde. Estase dando unha imaxe do peixe e dos produtos da pesca en xeral como de produto de luxo", afirma Edelmiro Ulloa, director xerente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agarda que o Goberno reconsidere a decisión e rebaixe o imposto a un produto que considera básico na alimentación e un piar na industria galega. 

Segundo a OCU máis do 20 por centos dos fogares reduciron o consumo de carne e peixe.

Estimase que a baixada do IVE noutros produtos reducirá a cesta da compra semanal para unha familia entre dous e tres euros e medio. Desde a organización de consumidores din que estarán atentos a que se apliquen esas baixadas. "Queremos que eses descontos se vexan nos andeis", di Kepa Loizaga da OCU.

Temen que esa redución sexa absorbida polos distribuidores e no chegue ao consumidor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade