Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os seis primeiros tanques Leopard españois para Ucraína saen de Santander

Os seis primeiros tanques Leopard españois para Ucraína saen de Santander

Os seis carros de combate embarcaron canda outros 20 vehículos de transporte vía marítima cara a Polonia

Os Leopard 2A4 foron reparados e postos a punto na factoría de Santa Bárbara en Alcalá de Guadaira, en Sevilla

Outros catro están a ser rehabilitados para a súa entrega ao exército ucraíno nas próximas semanas

Carro de combate Leopard español en manobras Carro de combate Leopard español en manobras
G24.gal 22/04/2023 20:58

O primeiro envío de tanques Leopard españois xa saíu do porto de Santander con destino a Ucraína, segundo anunciou este sábado a ministra de Defensa, Margarita Robles.

Os seis carros de combate embarcaron esta noite xunto con 20 vehículos de transporte "e van xa en dirección a Ucraína, a onde chegarán dentro 5 ou 6 días", detallou a ministra en declaracións aos medios en Madrid.

Os seis Leopard 2A4 foron reparados e postos a punto na factoría da empresa Santa Bárbara en Alcalá de Guadaira, en Sevilla, e sometidos a probas de certificación por parte do Exército de Terra en Cerro Muriano, en Córdoba.

Unha vez superadas estas fases trasladáronos por estrada a Santander para ser enviados desde alí a Polonia, onde se recibe e distribúe toda a axuda militar que os países envían a Ucraína.

Trátase dos seis primeiros Leopard comprometidos polo Goberno de Pedro Sánchez, pero hai outros catro carros de combate que están a ser xa rehabilitados para sumarse tamén ao Exército ucraíno nas próximas semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade