Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros de vacún protestan en Ourense polos custos de produción e o prezo da carne

Os gandeiros de vacún protestan en Ourense polos custos de produción e o prezo da carne

Cebar un tenreiro cústalles hoxe 150 euros máis, pero páganlles por el 50 euros menos ca antes

O prezo da carne caeu ao redor dun 20 por cento durante a pandemia

G24.gal 10/11/2021 16:50

Gandeiros de vacún da provincia de Ourense saíron hoxe á rúa, convocados por Unións Agrarias, para denunciar a situación do sector. O incremento dos custos de produción e o baixo prezo da carne fai insostible, din, o mantemento das explotacións.

É a chamada de socorro dos gandeiros de vacún de Ourense. Levaron o son das cochas ata o centro da cidade para alertar dos elevados custos de produción. Cebar un tenreiro cústalles hoxe 150 euros máis, pero páganlles por el 50 euros menos ca antes. O prezo da carne caeu ao redor dun 20 por cento durante a pandemia e non recuperou.

Neste intre en Ourense hai preto de 1.500 explotacións de vacún, un 70 por cento menos hai dúas décadas. O seu peche, insisten, afectaría gravemente o rural, por iso piden axudas polo labor medioambiental que fan e que esixen que se faga cumprir a Lei de cadea alimentaria

Estiman que só na provincia de Ourense as perdas rozan os 3 millóns e medio de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade