Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos da educación presentan as súas reclamacións divididos

Os sindicatos da educación presentan as súas reclamacións divididos

A CIG convocou unha concentración para denunciar falta de interese na defensa do ensino público e dos dereitos do profesorado

G24.gal 26/06/2024 14:44

Protesta na educación galega. Os sindicatos presentaron as súas reclamacións por separado. Tras a reunión mantida coa consellería, a CIG convocou unha concentración para denunciar falta de interese na defensa do ensino público e dos dereitos do profesorado.

Mentres, CCOO, ANPE e UXT defenden o acordo ao que chegaron coa Administración. Insisten en que mellorou as condicións do profesorado. Sinalan que só hai dous puntos de discrepancia no número de alumnos nas aulas. En setembro decidirán se toman medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade