Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos impugnan o ere en Vestas por “mala fe”

Os sindicatos impugnan o ere en Vestas por “mala fe”

O comité denuncia que único obxectivo da empresa era pechar a fábrica a “toda costa”

Os traballadores retomarán mañá as protestas, cunha caravana de coches que percorrerá o centro de Lugo

G24.gal 02/12/2021 19:05

Os sindicatos UXT, CIG e CCOO formalizaron xa a impugnación do ere presentado pola multinacional eólica  Vestas, que anunciou o peche da súa fábrica de aeroxeradores en Viveiro para finais deste ano, segundo informou a EFE o presidente do comité de empresa, David Mariño.

O ere, cuxo período de consultas terminou sen acordo, afectaría 115 traballadores, aínda que a compañía dixo durante as negociacións que estaba disposta a transformar a fábrica de  Chavín nun centro de mantemento e formación, con 24 empregados, e a recolocar o resto de persoal noutros destinos en España.

Con todo, os sindicatos impugnaron o ere ao entender que  Vestas actuou de “mala fe” durante o proceso de negociación, porque o seu único obxectivo era pechar a fábrica a “toda costa”.

Davir Mariño dixo que no proceso de consultas non chegou a producirse unha verdadeira negociación, a colaboración que se espera “polas dúas partes para buscar unha solución e evitar o peche”. Iso, segundo o seu criterio, “non existiu”.

Por outra banda, confirmou que a Xunta de Galicia convocou o comité para unha reunión da mesa industrial que terá lugar o próximo 9 de decembro en Santiago de Compostela, na sede de Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A reunión será ás 12.00 horas e, practicamente á mesma hora está prevista unha manifestación ante a sede da Xunta de Galicia, en San Caetano. Ademais, os traballadores retomarán mañá as protestas, cunha caravana de coches que percorrerá o centro de Lugo e que partirá ao mediodía do aparcadoiro dun centro comercial da cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade