Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos pídenlles aos partidos que aclaren que van facer coas reformas desta lexislatura

Os sindicatos pídenlles aos partidos que aclaren que van facer coas reformas desta lexislatura

CCOO e UXT reclámanlle á patronal que defenda os acordos en materia de diálogo social

G24.gal 07/06/2023 15:18 Última actualización 07/06/2023 15:40

CCOO e UXT asinan un manifesto conxunto en plena precampaña para as eleccións xerais. Queren que os partidos que concorren a estes comicios aclaren as súas propostas en materia laboral e social.

"É obrigado que os partidos se pronuncien sobre a reforma laboral ou se se vai recuperar o contrato por obra".

Din que nesta lexislatura se acadaron importantes avances para os traballadores. Entre eles destaca a reforma laboral, o salario mínimo ou a revalorización das pensións.

"Situámonos en niveis europeos e iso é froito do diálogo e do acordo".

Os empresarios reclaman o seu papel nos acordos acadados nesta lexislatura e piden respectar os tempos electorais.

"Non imos xogar no campo electoral porque temos que estar no ámbito do diálogo social e de representatividad da empresa española".

O Goberno lembra que a reforma laboral é un dos compromisos coa Unión Europea derivados dos fondos de recuperación.

"É un proceso de modernizacións estrutural que non se debe parar".

O Partido Popular responde que o diálogo social será unha peza clave da súa proposta económica.

"Son propostas que formaran parte do noso programa electoral e que os españois coñecerán a onde queremos encamiñar o noso mercado laboral".

Os sindicatos defenden seguir traballando nos asuntos que quedan pendentes, como é o caso do estatuto do bolseiro, sen agardar o resultado das eleccións do 23 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade