Os socialistas galegos apelan ao "voto útil" para facer "fronte á UTE PP e Vox"
Os socialistas galegos apelan ao "voto útil" para facer "fronte á UTE PP e Vox"
González Formoso fai un chamamento ás "clases medias e traballadoras" galegas para manter e ampliar medidas de alcance social
Os socialistas galegos apelan ao voto útil. Din que son a única alternativa eficaz para frear un goberno de dereitas.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apelou este xoves a que "as clases medias e traballadoras" galegas exerzan ese "voto útil" e aposten polo PSOE o 23X "fronte á UTE PP e Vox" para non ter que encher as rúas e "non chorar despois" por non saber loitar por manter os socialistas no poder.
Nunha conferencia de prensa para presentar unha campaña das Xuventudes Socialistas a favor de repetir o Goberno de Pedro Sánchez, na que estivo acompañado do líder da formación xuvenil, Xurxo Doval, o secretario xeral do PSdeG asegurou que os socialistas afrontan a campaña electoral que comeza esta medianoite "coa sensación de cumprir".
Por iso, insistiu, para manter e ampliar as medidas de alcance social e que beneficiaron o conxunto dos cidadáns é preciso que o 23-X haxa "unha marea vermella" das clases traballadoras e medias que vote o PSOE.