Os socialistas piden medidas para cubrir as vacantes de persoal no hospital de Valdeorras
Os socialistas piden medidas para cubrir as vacantes de persoal no hospital de Valdeorras
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, estivo este xoves acompañando os profesionais na súa protesta ás portas do hospital
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, estivo este venres no Barco de Valdeorras, acompañado os profesionais do hospital comarcal na súa protesta ás portas do centro na reclamación por unha "sanidade digna".
Formoso pediu que se adopten as medidas necesarias para cubrir as vacantes de persoal e garantir a cobertura sanitaria da comarca.
"Que o sistema sanitario vexa Valdeorras coma un lugar atractivo onde vivir, establecer medidas que garantan as coberturas sanitarias e que non haxa vacantes tan escandalosas como estamos a observar nesta área sanitaria", dixo o secretario xeral do PSdeG.