Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socialistas rompen o Goberno local de Narón a pedimento de "órganos superiores"

Os socialistas rompen o Goberno local de Narón a pedimento de "órganos superiores"

O concelleiro do PSdG, José David Pita, xustificou a decisión porque como "militantes dunhas siglas" deben "acatar a decisión tomada polas comisións executivas provincial, nacional e federal"

Jorge Ulla, candidato a alcalde do PSdeG en Narón Jorge Ulla, candidato a alcalde do PSdeG en Narón
EFE 03/04/2023 13:11

Os edís do PSdeG no Concello de Narón anunciaron este luns a ruptura do Goberno local, no que apoiaban a Terra Galega, e xustificaron a súa decisión pola necesidade de acatar "a decisión tomada polos órganos superiores" do partido.

A recente elección de Jorge Ulla como candidato a alcalde provocou críticas internas no seo da agrupación local da formación ao postularse como aspirante a rexedor o actual edil de Promoción Económica, José David Pita, número un da lista socialista en 2019.

Tras a designación de Ulla, os seus primeiros actos de precampaña, nos que estivo apoiado por dirixentes como o líder do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, incluíron críticas á xestión de Terra Galega no consistorio, cuxa alcaldesa é Marián Ferreiro.

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, a propio Pita, que é secretario xeral do PSdeG de Narón, comunicou a saída do executivo municipal xunto á edil Catalina García Blanco, mentres que o terceiro concelleiro do grupo, Santiago Galego, non puido acudir á conferencia de prensa por problemas de saúde.

Cos seus tres edís, o PSOE apoiou desde o inicio do mandato a Terra Galega, primeira forza política de Narón con dez asentos na corporación, para sumar 13 dos 21 escanos do consistorio, que completan 6 do PP e 2 do BNG.

Os concelleiros agradeceron "a boa sintonía mantida" por Terra Galega "para construír Narón durante estes case catro anos a pesar da pertenza a diferentes organizacións políticas".

Así, indicaron que como "militantes dunhas siglas" deben "acatar a decisión tomada polas comisións executivas provincial, nacional e federal" e subliñaron "o bo facer do funcionariado, dos membros das asociacións e das persoas colaboradoras" para levar a cabo "os numerosos proxectos desenvolvidos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade