Os socios do Goberno critican o discurso "belicista" da ministra de Defensa
Os socios do Goberno critican o discurso "belicista" da ministra de Defensa
Reaccionan así á entrevista en que Margarita Robles afirmou que a ameaza de guerra no noso país é "total e absoluta"
Podemos e BNG cren que o Executivo planea un incremento do gasto militar
Para a ministra de Defensa, a ameaza dunha guerra hoxe é "total e absoluta". Considera Margarita Robles que a sociedade española "non é consciente" do enorme perigo que supón o líder ruso, Vladímir Putin, que podería atacar o noso país mesmo con armas nucleares, dixo nunha entrevista en La Vanguardia.
Estas declaracións non gustaron ao socio da coalición, a Sumar. Para a súa deputada no Congreso, Aina Vidal, "sería bo que a ministra de Defensa, inda que poida parecer un oxímoron, falara máis de paz e de diplomacia".
Outros socios parlamentarios tamén critican a ministra de Defensa. Néstor Rego, do BNG, reclámalle ao Estado español "que renuncie a esa dinámica de escalada belicista".
Cren que os socialistas están así preparando a opinión pública para un eventual incremento do gasto militar. Javier Sánchez Serna, de Podemos, advírtelle ao Goberno que non contarán cos votos do seu partido "para enrolar España en ningunha misión de guerra nin para multiplicar o presuposto militar".