Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os soldos dos empregados públicos subirán un 8 % en tres anos

Os soldos dos empregados públicos subirán un 8 % en tres anos

Acordo entre Facenda e os dous sindicatos maioritarios para o aumento salarial

O CSIF, terceiro sindicato na mesa, rexeita a proposta por ser "totalmente insuficiente"

Antón Montero 03/10/2022 20:36

Visto e prace dos dous sindicatos maioritarios na Administración Xeral do Estado á suba salarial ofrecida polo Goberno.

Será un incremento fixo do 8 por cento, en tres anos, incluído un un e medio por cento con efectos retroactivos para este 2022. A maiores, haberá outro punto e medio que dependerá do comportamento da economía e da inflación en 2023 e 2024.

 "É unha suba que os empregados públicos mereceron, que amortece a perda de poder adquisitivo e que se acompaña coa recuperación de dereitos que nos foron minguados cos recortes de 2012", di Irene Martínez, secretaria de Servizos Públicos de UXT-Galicia.

Insuficiente para CSIF

Por exemplo, a xornada semanal de 35 horas ou o acceso á xubilación parcial. O terceiro sindicato maioritario rexeita o acordo. CSIF cre que a compensación prevista pola suba dos prezos queda curta. 

"Iso que quere dicir? Que se repetimos inflación e temos inflación do 7 % cada ano, imos asinar un acordo cun 6 ou 7 % de suba a tres anos cando a inflación pode chegar a 18 %, 19 %? Vémolo totalmente insuficiente", di José Francisco Méndez, Presidente de CSIF-Galicia.

O acordo, que se incluirá nos vindeiros orzamentos, afectará tres millóns de empregados públicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade