Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os taxis da Coruña, os máis baratos de Galicia

Os taxis da Coruña, os máis baratos de Galicia

Durante a noite, as tarifas máis caras están en Santiago e Ferrol

Un home entrando nun taxi en A Coruña
G24.gal 23/03/2023 14:58

A Coruña ten os taxis máis baratos de Galicia. "Temos unha tarifa que agora mesmo cobre os custos de explotación e á vez unha tarifa que é bastante axustada para o usuario do taxi", explica Ricardo Villamisar, presidente de TeleTaxi A Coruña

Alí levan tempo sen modificalas porque non se poñen de acordo entre as dúas asociacións de taxis. "Pois claro ao final, se as outras cidades van subindo ano a ano, pois ao final A Coruña queda un pouco descompensada nese aspecto", apunta Antonio Vázquez, presidente de Radiotaxi A Coruña

Quen se benefician son usuarios, aínda que xa anuncian revisión en breve. "Antes que remate o ano teremos que facer unha revisión porque como vimos vendo o IPC de xaneiro e de febreiro non baixou", anuncia o presidente de TeleTaxi.

En Santiago xa fixeron esta revisión co IPC de xaneiro e segundo un informe de Facua que compara as tarifas do ano pasado en 57 cidades, é a que ten os prezos máis caros de Galicia. O sector deféndese. "Non son, non, non, realmente analizando a baixada de bandeira e o salto, ou sexa cando empeza realmente a contar, nós debemos andar polos terceiros, non?", deféndese Jesús García, presidente de Radio Taxi Compostela.

Onde si teñen as tarifas máis caras, xunto con Ferrol é no horario nocturno. "Nós a nocturna, por exemplo, é algo que nunca tocamos, nunca quixemos subila porque si considerabamos que estabamos altos antes", explica Jesús.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade