Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os taxis de Vigo promoverán o Xacobeo

Os taxis de Vigo promoverán o Xacobeo

O Camiño está acadando xa as cifras anteriores á pandemia

G24.gal 06/04/2022 14:31

Unha das cartas de presentación do Xacobeo en Vigo estará nos vehículos dos taxistas da cidade. Unha iniciativa novidosa para chegar aos peregrinos, máis de mil no que vai de ano, que elixen as rutas que atravesan a Cidade Olívica.

O Camiño está acadando xa as cifras anteriores á pandemia. A uns días de que arranque a Semana Santa, o número de peregrinos diarios que chegan a Santiago xa rozan os 700.

 "Os taxistas son os que ven os turistas que chegan, son os que recorren para facer consultas, sodes a imaxe dunha cidade, relacionar a vosa actividade co que representa o Xacobeo para nós é importante", dixo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade