O exceso de peso e a deterioración da terraza, posibles causas da traxedia de Palma
O exceso de peso e a deterioración da terraza, posibles causas da traxedia de Palma
As vítimas son unha española, dous alemáns e un senegalés residente na illa
Continúan hospitalizados nove dos feridos, a maioría turistas holandeses
Os bombeiros rematan as tarefas de desentullo do Medusa Beach Club, o local que se derrubou en Praia de Palma. Á espera do que conclúan os informes da Policía Científica e os técnicos do Concello, xa hai unha hipótese principal como causa do derruba.
"Barállanse dous factores combinados, un posible sobrepeso e unha estrutura antigua", asegura o xefe de Bombeiros de Palma, Eder García.
A bóveda que se derrubou provocando que a terraza caera sobre a planta baixa e os dous andares sobre o soto estaba construída cun material de rocha típico da illa que se deteriora co paso do tempo. E o sinistro ocorreu en plena hora punta co restaurante do local e a zona de copas cheas de xente.
"Nunha superficie de 20 metros cadrados atopamos 20 vítimas", explicou o xefe dos bombeiros.
Os mortos son unha española de 23 anos, traballadora do local, dous turistas alemáns de 20 e 30 anos e un senegalés de 44 residente na illa. Ía cada noite tomar café no Medussa antes de entrar a traballar nun local próximo. Era coñecido por salvar un bañista na praia hai uns anos. Deixa familia no seu país e na illa.
"Tiña aquí o seu fillo, un irmán e un cuñado. Era unha boa persoa, cun gran corazón", conta un compatriota do falecido.
Nas últimas horas déronlle a alta médica a cinco dos feridos. Outros nove continúan hospitalizados, algúns graves pero fóra de perigo. A maioría son turistas holandeses.