Publicador de contidos
Publicador de contidos

O persoal de limpeza da Coruña desvincúlase de todos os actos vandálicos

O persoal de limpeza da Coruña desvincúlase de todos os actos vandálicos

Esta madrugada arderon tres coches e dous colectores de lixo

G24.gal 05/03/2022 21:19

O Sindicato de Traballadores da Limpeza, maioritario tanto no servizo de recollida de lixo coma no da limpeza viaria da Coruña condena os actos vandálicos das últimas xornadas na cidade. Na madrugada do sábado arderon tres coches particulares e dous colectores. Explícao Miguel Ángel Sánchez, secretario xeral do sindicato.

"Esperamos que collan os culpables de todos os actos vandálicos que se están producindo ou que se poidan reproducir. E volvo insistir: se algún deles ten algo que ver con esta central sindical será expulsado de forma inmediata (...). Volvemos solicitar o cese inmediato de calquera hostilidade e de calquera actuación neste sentido. Non axudan para nada aos intereses dos traballadores".

Amais os traballadores denunciaron o Concello e a empresa concesionaria por presunta prevaricación.

"Uns feitos que presuntamente poden ser constitutivos de delito contra a seguridade dos traballadores e de administración desleal, de malversación de cartos públicos e de prevaricación por omisión".

O servizo de limpeza viaria convocou unha folga que se suma ao paro xa anunciado na recollida de lixo. Pola súa parte, o Concello mantén a declaración de emerxencia sanitaria e reforzou a recollida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade