Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores de Alu Ibérica cortan o tráfico en Alfonso Molina

Os traballadores de Alu Ibérica cortan o tráfico en Alfonso Molina

Reclámanlle ao Goberno un plan industrial e investimentos na planta da Coruña

G24.gal 27/01/2022 14:33

Os traballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña retomaron as mobilizacións para reclamar unha solución industrial.

Este mediodía cortaron o tráfico na avenida de Alfonso Molina en protesta pola actitude do Ministerio de Industria, que se comprometera a convocar unha xuntanza esta semana para trasladarlles aos traballadores o plan industrial e o financiamento para reactivar a planta.

As plantas de Alu Ibérica na Coruña e Avilés están en concurso de acredores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade