Os traballadores de Leche Celta levan á rúa a demanda dun novo convenio
Os traballadores de Leche Celta levan á rúa a demanda dun novo convenio
Os empregados da planta de Pontedeume levan xa once días de paro
Os traballadores de Leche Celta, en Pontedeume, levaron hoxe ata a rúa as súas protestas. Fixérono para visibilizar que están en folga indefinida. Reclaman á dirección da compañía que retome as negociacións dun novo convenio colectivo, que, segundo os sindicatos, non penalice os traballadores que enfermen ou gocen de licenzas retribuídas.
Os empregados participaron nunha protesta que os levou a camiñar desde o recinto, na parroquia de Andrade, ao centro urbano. Xa acumulan once días de paros, pero a dirección "non se puxo en contacto connosco", lamenta a Efe a presidenta do comité de empresa, María José Vizoso (CIG).
Pola súa banda, a compañía di que está en perdas, e lonxe de cumprir obxectivos, e por iso non chega ás melloras que pide a parte social.