Cargando resultados...
Os traballadores de Navantia piden investimentos para modernizar o estaleiro
Os traballadores de Navantia piden investimentos para modernizar o estaleiro
Reclaman a mediación do Delegado do Goberno para a construción do dique seco
G24.gal
02/03/2022 14:54
O comité de empresa de Navantia Ferrol reclámalle ao Goberno central a modernización das instalacións do estaleiro para poder ser competitivo no mercado internacional.
Os representantes dos traballadores pediron a mediación de delegado do Goberno para a construción do dique seco e novas infraestruturas no departamento de reparacións que eviten a perda de contratos neste sector.