Os traballadores da limpeza viaria de Pontevedra reclaman ao Concello un novo contrato do lixo
Os traballadores da limpeza viaria de Pontevedra reclaman ao Concello un novo contrato do lixo
Denuncian a precariedade dos medios e a falta de persoal para desenvolver o seu traballo
O contrato non se actualizou desde 1999 e leva en prórroga desde o 2012
O alcalde anunciou un novo contrato municipal do lixo para este ano. A intención do nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores era renovar un servizo que non se actualizou desde 1999 e que leva en prórroga desde o 2012. Os traballadores da concesionaria reclaman que cumpra a súa palabra e denuncian a precariedade coa que realizan o traballo.
Reclaman ademais un aumento de persoal que segundo explican é insuficiente para manter limpa toda a cidade.
Tamén a oposición denuncia e situación e esixe unha solución.
Os populares critican a desatención do alcalde en materia de limpeza.
Desde o Goberno municipal rexeitaron facer declaracións. Nunha reunión coa concesionaria pediron máis medios para reforzar o servizo mentres non sae unha nova licitación.