Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores perden ata 400 euros anuais pola inflación

Os traballadores perden ata 400 euros anuais pola inflación

A suba dos salarios, incapaz de seguir o ritmo do incremento dos prezos

G24.gal 02/11/2021 14:43

A situación económica que se vive en España fai que os traballadores perdan cada vez máis poder adquisitivo. Outubro rematou coa inflación máis alta dos últimos 29 anos e os salarios están moi lonxe de seguir o mesmo ritmo.

Dez meses cos prezos subindo sen descanso xa é notorio nos petos dos españois, e moitos cambian os seus hábitos de consumo. 

Os salarios minguaron o poder de compra como consecuencia da inflación. Os expertos calculan que os traballadores españois perden ata 400 euros anuais.

De alongarse a situación os riscos serían importantes cunha ralentización da saída da crise. Os economistas din que a repunta dos prezos ten carácter temporal

A espiral ascendente da inflación a sofren tamén e os pensionistas e os autónomos. Estes últimos ademais terán que facer fronte a unha nova suba das bases de cotización nun momento moi delicado no que tratan de recuperarse do impacto da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade