Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tractores abandonan as rúas de Ourense

Os tractores abandonan as rúas de Ourense

Tomaron a decisión despois de reunirse co representante do fondo galego de garantía agraria

G24.gal 08/02/2024 14:33 Última actualización 08/02/2024 20:37

En Ourense, os agricultores anuncian que retiran os tractores. Tomaron a decisión despois de reunirse co representante do fondo galego de garantía agraria, o organismo que distribúe os fondos europeos agrícolas en Galicia, pero advirten de que haberá novas protestas.

Insisten en que lles resulta imposible cumprir coas normativas impostas dende Bruxelas. Piden que se escoite o sector e que teñan en conta as características específicas do campo galego. A súa intención é constituír unha plataforma agrogandeira que os aglutine a todos para presentar unha fronte unida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade