Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os transportistas convocan un paro indefinido a partir do luns: que demandan?

Os transportistas convocan un paro indefinido a partir do luns: que demandan?

Poñen o foco na lei de custos e  esixen que se dea validez a todas as denuncias das organizacións de transportes e de calquera afectado

O Goberno di que fará todo o posible para que non haxa paro

G24.gal 07/11/2022 22:26

Os transportistas agrupados na Plataforma para a Defensa do Sector de Transporte, que convocaron un novo paro indefinido desde a medianoite do domingo ao luns, reclaman ao Goberno, entre outros aspectos, maior control sobre o cumprimento da leis de custos e de carga e descarga, estender a súa cobertura ou establecer multas de ata 90.000 euros.

Sobre o cumprimento da lei de custos e de carga e descarga, piden ao Goberno que garanta baixo un acordo asinado a colaboración das correspondentes autoridades.

Concretamente, para o cumprimento da lei de custos reclaman a colaboración da Garda Civil na estrada, a Inspección de Transportes nas empresas e de Facenda nas contabilidades; mentres que na lei de carga e descarga, piden a implicación da Garda Civil, a Policía Local e a Inspección de Transporte.

Doutra banda, solicitan que se estenda a cobertura da lei de custos a todo tipo de transporte por estrada, incluído o de furgoneta, lixeiro, pesado e de áridos.

Tamén reclaman que se inclúan as mesmas partidas para todo tipo de transporte no cálculo dos custos, con gastos como a amortización, financiamento e seguros do vehículo, o persoal de condución, os custos fiscais, o combustible, as dietas, o mantemento e as reparacións ou as peaxes.

Por último, esixen que se dea validez a todas as denuncias das organizacións de transportes e de calquera afectado, que se multe o cargador principal, o cargador contractual e o transportista, establecer sancións de entre 70.000 e 90.000 euros e eliminar as exencións para non poder ser multado.

O sector en Galicia non considera o paro

O secretario xeral da Federación Galega de Transportes de Mercadorías Carlos García Cumplido, asegurou a EFE que ningunha das asociacións de transportistas galegas apoia o paro. “Non hai ningunha asociación galega que apoie o paro. Non temos nin idea de que vai esta historia”, concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade