Os transportistas de mercadorías por estrada ameazan con outro paro indefinido
Os transportistas de mercadorías por estrada ameazan con outro paro indefinido
Os transportistas que paralizaron a cadea loxística hai dous anos ameazan con outro paro indefinido do sector
A plataforma acusa o Goberno de ignoralos
O ministro respóndelles que haberá reunión, pero sen concretar data
O sector do transporte de mercadorías por estrada comeza o 2024 cun panorama, din, complicado. Tiñan melloras pendentes por parte do Goberno das que polo momento non saben nada.
Enfróntanse a máis custos sociais ao aumentar o Goberno as bases de cotización. Falan ademais de aumento de prezo en pneumáticos, seguros, mantemento e tamén as peaxes ademais denuncian falta de transportistas e competencia desleal por parte de transportistas estranxeiros
A Plataforma está formada por transportistas autónomos e pemes de mercadorías por estrada. Os mesmos que conseguiron paralizar o país durante 20 días hai dous anos cun paro que afectou a cadea loxística e a distribución.
Agora volven lanzar outro ultimato: se non se garanten melloras haberá unha paralización total, nacional e indefinida da súa actividade.