A plataforma de transportistas que convoucou o paro pide ao Goberno un acordo por escrito para desconvocalo
A plataforma de transportistas que convoucou o paro pide ao Goberno un acordo por escrito para desconvocalo
A plataforma de transportistas que convoucou o paro pide ao Goberno un acordo por escrito para desconvocalo
A Plataforma Nacional en Defensa do Sector do Transporte mantén a súa convocatoria de paro indefinido a partir do luns tras reunirse con representantes do Ministerio de Transportes
Piden reforzar a seguridade en portos e centros de distribución
De momento non hai acordo. A Plataforma en Defensa do Transporte mantén o paro anunciado. O Goberno chamounos a unha xuntanza informativa para intentar desconvocar a folga, pero sen éxito.
Os transportistas queren compromisos por escrito, por exemplo, de que se vai aprobar un plan de inspección para sancionar a quen traballe por debaixo de custos.
Manuel Hernández, presidente da Plataforma Nacional en Defensa do Transporte, pide: "Un plan formal, asinado, con datas concretas, en que se teña a garantía de que se vai traballar para facer cumprir a lei. Anunciar medidas que despois non se cumpren é pouco serio e a nós non nos vale".
O Goberno non ve motivos para a folga
O Goberno asegura que ese plan xa está previsto e que se vai aprobar nas próximas semanas. E insiste en que non hai motivos para a folga.
Raquel Sánchez, Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, di: "Eu confío en que non se leve a cabo. Non ten ningún sentido porque avanzamos moitísimo, diría que cumprimos o cen por cento das reivindicacións que o sector do transporte nos formulou hai uns meses".
O paro indefinido está convocado a partir do luns, e malia que as principais asociacións e federacións do transporte non o secundan ameaza as campañas do Black Friday e o Nadal.