Os transportistas suspenden o paro tras dous días de escaso seguimento
Os transportistas suspenden o paro tras dous días de escaso seguimento
A Plataforma Nacional para a Defensa do Sector do Transporte argumenta que se enfronta a unha "campaña sen descanso de acoso e derruba"
A Plataforma Nacional para a Defensa do Sector do Transporte decidiu suspender o paro indefinido na que ía ser a segunda xornada de protestas, argumentado que se enfronta a unha "campaña sen descanso de acoso e derruba".
Nun comunicado, a citada agrupación, composta na súa maioría por autónomos e pemes, asegura que esa "campaña" procede de cargadores (os seus clientes), patronais do sector, sindicatos, certo ámbito político e mesmo algúns medios de comunicación.
En calquera caso, a Plataforma defende que seguirá "contra vento e marea defendendo e loitando" os seus reclamos para tratar de mellorar as condicións de traballo do sector.
A suspensión da protesta chega logo de dous días de paro en que o seguimento foi escaso, lonxe do que tivo en marzo deste ano que se prolongou durante 20 días e que chegou a parar boa parte da cadea de distribución en España.
Este luns, na primeira xornada do paro, as incidencias foron "mínimas", e as vías de comunicación e os centros de distribución loxística rexistraron movementos habituais de calquera luns.
A protesta só contaba nesta ocasión co apoio da propia plataforma convocante, á que non se sumou ningunha das organizacións do sector que si o fixeran en marzo.