Os trens AVLO de baixo custo circulan dende este luns entre Galicia e Madrid
Os trens AVLO de baixo custo circulan dende este luns entre Galicia e Madrid
O primeiro dos trens que cobre esta liña ía case completo
Os trens de baixo custo xa circulan entre Galicia e Madrid.
O primeiro Avlo saíu preto da 6 da mañá de Vigo e, a pesar dun atraso de 15 minutos en Santiago, por unha incidencia técnica, chegou case en hora á estación madrileña de Chamartín. A súa ocupación era practicamente do cen por cento.
O primeiro AVLO entre Galicia e Madrid chegou á estación de Chamartín ás 10 e 35, tan só un par de minutos por riba da hora prevista.
Esta primeira viaxe do servizo de baixo custo partía preto da 6 da mañá da estación de Vigo e realizou varias paradas ata chegar a Chamartín.
En total conta con 581 prazas, son os trens con maior capacidade.
Renfe lanzou unha oferta de billetes a 7 euros ata o 30 de setembro, pero xa é practicamente imposible atopalos a este prezo.
Haberá dúas frecuencias ao día, unha por sentido, e alternaranse as saídas un día dende Vigo e outro dende A Coruña, igual que a chegadas. Agárdase un incremento de prazas de oito mil máis á semana, xa que se suman os servizos que xa están en marcha. Os usuarios agardan que, canto antes, se liberalicen ademais os servizos.
Renfe calcula que a entrada en funcionamento dos AVLO incrementará en 8.000 as prazas entre Galicia e Madrid á semana.