Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os trens turísticos de Galicia alcanzan esta temporada unha ocupación do 80 %

Os trens turísticos de Galicia alcanzan esta temporada unha ocupación do 80 %

Ofrecen 14 rutas temáticas poa xeografía galega que combinan o tren con vivitas guiadas para percorrer lugares únicos e emblemáticos en distintas comarcas galegas

G24.gal 20/08/2023 19:05 Última actualización 20/08/2023 19:17

As protagonistas dos itinerarios esta temporada de verán nas 34 saídas dos trens turísticos de Galicia polas 14 rutas ofrecidas son os pazos, xardíns, cantís, vilas históricas, catas de viño ou os xardíns de camelias.

E esta iniciativa, lanzada por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde está a ter un notable éxito cunha ocupación do 80,9 % das prazas. Das 2.040 ofertadas para as rutas temáticas ata o de agora xa se cubriron 1.650.

Exsta modalidade de turismo que combina viaxes en tren con visitas a lugares especiais da xeografía galega realízase desde 2013, e esta temporada as prazas ofertadas serán en total 2.608, cifra récord nos 10 anos de existencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade