Os tres sobreviventes do naufraxio, rumbo a Galicia
Os tres sobreviventes do naufraxio, rumbo a Galicia
No avión viaxan tamén os corpos de 5 dos falecidos
Pedro Sánchez reunirase coas familias da tripulación antes da chegada do avión cos repatriados
Os tres sobreviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo xa están abordo do avión do Exército de España que os trae de volta a Galicia.
No avión ademais dos tres sobreviventes, Juan Padín, o seu sobriño Eduardo Rial e máis o ghanés Samuel Kwesi, veñen os corpos de 5 dos nove falecidos.
🔴 AMPLIACIÓN | Sae de San Xóan de Terra Nova o avión cos mariñeiros do Villa de Pitanxo 👉 https://t.co/AlEmMCWJjP pic.twitter.com/CbKKwbmI3V
— G24 (@G24Noticias) February 21, 2022
O A-400 engalou de Terra Nova pasadas as sete e media da tarde, hora galega. A hora prevista de chegada ao aeródromo militar de Santiago é pasadas as doce da noite.
O avión será recibido polo presidente da Xunta, polo presidente do Goberno e mais polo ministro de Agricultura e Pesca. Pedro Sánchez reunirase antes da chegada do avión, contra as 23.30 segundo informa Moncloa, cos familiares da tripulación do Villa de Pitanxo.