Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tripulantes do Piedras chegan este domingo pola noite a Galicia

Os tripulantes do Piedras chegan este domingo pola noite a Galicia

Os once pescadores aterrarán contra a medianoite no aeroporto da Lavacolla

Xa completaron a súa declaración ante a comisión que investiga o afundimento do barco a unhas 60 millas das costas de Irlanda

G24.gal 04/06/2022 13:23 Última actualización 05/06/2022 09:51

Os tripulantes deste pesqueiro afundido o mércores en augas irlandesas completaron nas últimas horas a súa declaración ante a comisión que investiga o naufraxio acontecido a 64 millas do cabo Mizen.

Os once mariñeiros foron rescatados ilesos polo Armaven Uno e levados ao peirao de Castletownbere, no condado de Cork.

Agora as súas familias contan contan as horas para telos xa na casa. Está previsto que o avión con eles chegue ao aeroporto da Lavacolla en Santiago contra a medianoite deste domingo.

Os tripulantes que salvaron a vida no accidente son sete galegos, dous marroquís e dous ghaneses. Catro deles son veciños de Marín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade