Cargando resultados...
Os tripulantes do Playa de Menduíña, chamados a declarar
Os tripulantes do Playa de Menduíña, chamados a declarar
O xuíz quere saber se o capitán do Villa de Pitanxo mentiu
G24.gal
23/11/2022 20:46
Última actualización 23/11/2022 21:02
Os tripulantes do pesqueiro Playa Menduíña 2 terán que volver prestar declaración ante o xuíz que instrúe o caso do naufraxio do Villa de Pitanxo.
Os mariñeiros que rescataron os tres superviventes e conviviron con eles a bordo ata chegar a terra terán que comparecer na Audiencia Nacional o día 30 deste mes.
O xuíz quere que ratifiquen, en sede xudicial, o que declararon no seu día ante a Garda Civil, para comprobar se o capitán do Villa de Pitanxo mentiu na súa versión do naufraxio.