Os troteiros levan o Entroido polas aldeas de Bande
Os troteiros levan o Entroido polas aldeas de Bande
Levan chapeus decorados con postais e un espello para espantar os malos espíritos
A veciñanza recíbenos con doces e bebida para agradecerlles a visita
Deben o seu nome ao trotar co que fan soar as chocas de aldea en aldea pero tamén ao pano co que se limpaban os fornos e que, noutrora, empregan para manchar a veciñanza.
Os troteiros, alma do Entroido en Bande, percorren cada sábado previo á fin de semana grande da festa os lugares do concello para anunciar que xa é tempo de troula.
Comparten bailes e falcatruadas coa xente que agarda por eles con comida e bebida para agradecerlles a visita e axudalos a repor folgos.
Gardiáns do espírito burlón propio do Entroido, levan unha vara na man e tapan a faciana cun tapete para garantir o anonimato. Os seus chapeus van decorados con postais e un espello para espantar os malos espíritos.