Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os turistas seguen visitando Galicia malia o mal tempo

Os turistas seguen visitando Galicia malia o mal tempo

Aínda que non haxa tempo de praia, moitas optan por gozar igualmente da cultura, da gastronomía e da natureza

Turistas na contorna da Torre de Hércules, na Coruña Turistas na contorna da Torre de Hércules, na Coruña
G24.gal 11/07/2024 17:24

O mal tempo deste verán non dá tregua. Pero, malia isto, a Galicia seguen chegando unha morea de visitantes que aproveitan as súas vacacións para facer aquí outro tipo de turismo que non sexa sol e praia.

Malia que as condicións meteorolóxicas son desfavorables, día tras día, os turistas invaden as principais rúas e monumentos da Coruña.

Moitos dos visitantes aseguran que, a pesar de que si que lles gustaría que houbese sol e calor, non se arrepinten de estar aquí, porque poden gozar igualmente da cultura, gastronomía e natureza. 

Hai quen prefire ir aos museos, visitar os monumentos máis representativos e probar a comida local. isto reflíctese nos hoteis, onde contan que non está a haber cancelacións por mor do mal tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos