Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios da AP-9 denuncian o estado de abandono dos accesos en Vigo

Os usuarios da AP-9 denuncian o estado de abandono dos accesos en Vigo

 A multitude de fochancas e o mal estado do firme empeoran aínda máis cando chove

A concesionaria responsabiliza o Concello do mantemento e conservación dos accesos

G24.gal 03/01/2024 14:34 Última actualización 03/01/2024 14:47

Un dos peores tramos é este, desde a saída do túnel de Beiramar en Guixar gretas e fochancas no firme acompañan os condutores ata a entrada á autoestrada sen poder evitalas. 

As cousas non melloran nestoutro acceso desde Isacc Peral. Ademais das fochancas, os usuarios denuncian o mal estado do firme e a falta de mantemento. A indignación dos usuarios aumenta nun momento en que as peaxes da AP-9 acaban de rexistrar o maior incremento dos últimos dez anos. 

A situación complícase máis coa chuvia, no ramal de acceso desde o ramal de acceso Travesía de Vigo é habitual que se formen bolsas de auga. 

A concesionaria responsabiliza ao concello do mantemento e conservación dos accesos. O alcalde de Vigo non está de acordo e xa manifestou en distintas ocasións que a humanización da autoestrada teñen que custeala o Estado e Audasa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade