Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios de Vigo xa gozan da nova estación de buses na intermodal da cidade

Os usuarios de Vigo xa gozan da nova estación de buses na intermodal da cidade

Ás sete da mañá saíu das instalacións o primeiro dos autocares con viaxeiros

Conecta directamente o tren e o autobús na mesma infraestrutura

Primeiros autobuses con viaxeiros na intermodal de Vigo
G24.gal 17/12/2022 09:15

Os viaxeiros de Vigo xa poden realizar desde primeiras horas deste sábado de xeito máis áxil e rápido o cambio de transporte entre o tren e o bus coa posta en marcha definitiva da intermodal.

 A nova estación será o nó de viaxeiros do sur de Galicia e prevese que poida atraer uns 300.000 pasaxeiros máis ao ano.

As 30 dársenas de autocares vanlle dar servizo a unhas 500 expedicións diarias, traxectos que se farán ademais en menos tempo.

O traslado da estación obriga a reordenar a rede do transporte público, e crearanse catro novas paradas no centro, aproveitando as do bus urbano. Dende a Xunta estiman que os novos itinerarios non terán impacto significativo no tráfico.

Cun investimento de case 19 millóns de euros e seis meses despois do remate das obras, a nova estación de autobuses completa a intermodalidade en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade