Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Cubelo, en Carnota, instalan unha cruz a proba de ladróns

Os veciños de Cubelo, en Carnota, instalan unha cruz a proba de ladróns

Roubáronllles tres veces o cruceiro orixinal e as súas réplicas

A nova cruz mide case tres metros e ten base de formigón para previr novos roubos

G24.gal 24/01/2023 09:02

Tres metros de altura e unha boa base de formigón protexen a nova cruz de Cubelo, na montaña de Carnota. O anterior cruceiro e todas as réplicas que o seguiron despareceran, por pezas ou enteiras, polo menos en tres ocasións. 

Pedro é o canteiro que fixo as réplicas da talla orixinal, do século XVI. Pero vendo o resultado decidiu cos demais veciños que o mellor era cambiar a estratexia e encargar un novo modelo de cruz a proba de ladróns.

Nunca atoparon os culpables, pero os veciños sospeitan que levaron as pezas para vender ou decorar algún xardín. Un atentado contra o patrimonio e a tradición, xa que por aquí pasaba un camiño sacramental.

A nova cruz, máis austera e robusta, leva catro meses no monte. Quen a queira levar terá que usar guindastre. Pero mellor non dar ideas, din os veciños, que agardan que ninguén volva tocala por moitos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade