Os veciños de Pazos de Arenteiro en Boborás recrearon a batalla contra as tropas napoleónicas
Os veciños de Pazos de Arenteiro en Boborás recrearon a batalla contra as tropas napoleónicas
1809, A Batalla sitúanos na heroica acción de 300 galegos fronte aos soldados invasores
Unha recreación histórica que logo de cinco anos é xa unha cita imprescindible no corazón do Ribeiro.
Este domingo é o día grande da festa, logo dunha fin de semana chea de actividades que incluíron visitas guiadas por Pazos de Arenteiro e unha recreación histórica do campamento francés. Unha viaxe a mil oitocentos nove coa recreación desa noite épica do dous de marzo en que trescentos galegos liderados polo capitán Cachamuíña fixeron fronte a mais dun milleiro de soldados franceses aos pes da Ponte da Cruz.
Un fito histórico que se reviviu dende o sábado coa participación de veciños de Boborás e xente chegada de toda España que se vestiron de combatentes para recrear a batalla.
Pazos de Arenteiro é dende 1973 o único conxunto Histórico-Artístico que existe no rural galego, e con esta festa un semella que realmente está a facer unha viaxe no tempo.