Os veciños de Valdeorras volven á vila tras desactivarse o nivel 2 de emerxencia
Os veciños de Valdeorras volven á vila tras desactivarse o nivel 2 de emerxencia
O incendio calcinou 10.500 hectáreas
Os veciños din que é difícil volver á normalidade con tantas edificacións destruídas
Máis que arrasado por un incendio, algunhas zonas de Valdeorras semellan ser branco dun auténtico bombardeo. Tal é o nivel de destrución que presentan algunhas construcións.
Fálase dunhas 75 edificacións afectadas en toda a comarca polo lume. Moitas das vivendas, incluso algunhas que eran residencia habitual, quedaron completamente destruídas e iso fáiselles moi complicado aos veciños para tratar de recuperar a normalidade.
Aínda así, a maior parte da xente puido volver ás súas vilas e algúns servizos repuxéronse de xeito provisional.
O incendio declárase aínda activo, pero xa non avanza por ningunha das súas frontes despois de queimar 10.500 hectáreas, soutos de castiñeiros e incluso algúns cultivos, pero foi desactivado o nivel dous porque xa non presenta ameaza para os núcleos de poboación.