Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os vehículos electrificados lideran as vendas en Galicia no que vai de ano

Os vehículos electrificados lideran as vendas en Galicia no que vai de ano

A alza dos combustibles e os avances na tecnoloxía animan a apostar polos vehículos de baixas emisións

G24.gal 03/05/2022 15:01

Cada vez son máis os clientes que acoden a un concesionario á busca dun vehículo electrificado. As vendas deste tipo de coches subiron máis dun 35 % no que vai de ano. Mentres baixan as dos vehículos de combustión, diésel e gasolina.

Galicia lidera a suba de matriculacións de coche electrificado. E a única comunidade en que estas vendas superan tanto ao gasóleo coma a gasolina. Con todo, o sector do automóbil segue cun nivel de vendas preocupante. As matriculacións caeron en abril un 12 % en España.

Desde o sector reclaman máis axudas para acelerar o obxectivo de chegar ao 2030 cun volume de tres millóns de vehículos electrificados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar